LeiraHüb é unha plataforma colaborativa para a xestión sostible dos orzamentos de RSC (‘Resp. Social Corporativa’) das Organizacións con sensibilidade pola Economía Social, apoiando, deste xeito, un proxecto sostible e de fixación de emprego.
Características do Proxecto
____
Impacto Positivo
Transparencia
Apoio a unha ONG
Fixación de Emprego Rural
Mobilización de Terras
Formación Non Regrada
Qué é un Leiriño Solidario
____
Leiriño Solidario é una iniciativa de apoio á Economía Social
• É un bancal modular agroecolóxico de 7 m²
• Ten un custo fixo anual: 500 €
• Ten importante desgravación fiscal con Certificado de Donazón
• É escalable: cantos Leiriños queres ?
• Cultívase todo o ano
• O Equipo do Hub Agroecolóxico encargarase do seu coidado
• A produción obtida entregarase a comedores locais con fines sociais
Cun Leiriño Solidario estás contribuíndo a unha economía local e sostible.
Cómo Funciona
____
Fas a túa aportación a RSC
A ONG fai a emisión do Certificado de Doazón (xa podes solicitar a desgravación)
Leiriño Solidario é asignado a un agricultor adherido ao Hub AgroEcolóxico
A produción anual é doada a un ente local con fines sociais
Grupo Impulsor do Proxecto
____
HuntTech Solutions
«Artesanía en Consultoría Tecnolóxica». Prevemos, innovamos e damos forma ao que nos pides: buscamos o deseño e estruturación do proxecto que se axuste ás túas necesidades cos requisitos que poidas precisar, realizando todo o noso traballo con esmero e esforzo, perseguindo a calidade en todo o proceso.
ONG Miradas al Mundo
Promovemos o desenvolvemento das comunidades máis desfavorecidas. En contacto directo coa comunidade, buscamos un modelo de desenvolvemento que sexa autosustentable, no que a xente do lugar, co seu traballo e implicación, sexa o motor do cambio.
Kibutz
Proxecto colaborativo que ten como finalidade promover, crear e xestionar diferentes ideas e recursos para promover unha nova forma de vida, máis ética e respectuosa coas persoas e o medio ambiente a través da formación en áreas relacionadas coa saúde holística.